RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Hugo Novoa xogou hoxe a segunda metade con España sub-16, que dobregou a Eslovaquia en Belgrado

- Foto: @SeFutbol -

O canteirán deportivista Hugo Novoa estivo concentrado coa selección española sub-16 no Torneo Desenvolvemento UEFA en Belgrado (Serbia).

Outro cadete branquiazul, Trilli, citado inicialmente para participar con España sub-16 no Mundial de Montaigu (Francia), non puido acudir á cita debido a unha lesión.

Ambos os futbolistas pertencen ao Cadete A do Dépor, aínda que Hugo disputou os últimos partidos de liga co Xuvenil A de División de Honra.

A selección española despediuse de Belgrado cun gran partido

A última cita de España no Torneo Desenvolvemento UEFA foi hoxe sábado 20 de abril fronte a Eslovaquia.

Venceron os españois con claridade (0-3). Hugo Novoa saltou ao céspede no minuto 43 en substitución de Ángel Alarcón.

O pasado xoves 18, España asinou táboas ante a anfitrioa Serbia (1-1), nun esixente test para os hispanos, con motivo da segunda xornada do torneo. Na quenda de penaltis para decidir o vencedor, estiveron máis certeiros os serbios.

O deportivista Hugo Novoa foi titular e foi relevado no minuto 76, na recta final do choque, por Ángel Alarcón.

A selección española debutou o pasado martes 16 de abril ante Ecuador, á que derrotou (4-0). Hugo Novoa xogou completa a segunda parte. Entrou tralo descanso en substitución de Jordi Ortega.

Os resultados dos partidos dos españois foron os seguintes:

Martes 16 de abril
ESPAÑA 4 - ECUADOR 0

Xoves 18 de abril
SERBIA 1 - ESPAÑA 1

Sábado 20 de abril
ESLOVAQUIA 0 - ESPAÑA 3

Tanto Hugo como Trilli xa participaron con España esta temporada na última edición da Copa Aegean en Esmirna (Turquía).

Presenza habitual en Las Rozas

Esta campaña, ademais de Hugo Novoa e Trilli, foron citados os seguintes canteiráns deportivistas para diferentes categorías da selección española:

- Mujaid (central do Fabril): Xogos do Mediterráneo coa sub-19

- Juan Rodríguez Lima (central do Xuvenil B) e Íker Piedra Blanco (porteiro do Xuvenil B): Adestramentos coa sub-17 e amigable ante Italia o primeiro deles

- Sergio Bernárdez (centrocampista do San Tirso SD): Sportchain AGS Cup e Torneo Pinatar Arena coa sub-15

Por conseguinte, a factoría de Abegondo aos poucos vaise convertendo nun referente para os diferentes seleccionadores nacionais.