'Imos mellorando aos poucos, a nivel individual e colectivo'
Álex Bergantiñvos manifestó, ao finalizar o encontro de onte na Pinguela, que "imos mellorando aos poucos, a nivel individual e colectivo".
O centrocampista coruñés asegura que o Racing de Ferrol "ao principio apertaba arriba. Logo, na segunda parte, con xente do primeiro equipo apertamos mellor".
Toché, autor do segundo gol co que se pechaba o partido en Monforte, mostrouse "contento" polo triunfo. No entanto, recalca o dianteiro deportivista que o partido "é un adestramento máis, pero temos que seguir mellorando en moitos aspectos".
Finalmente, Juan Carlos, un dos destacados na primeira metade, recalca a súa intención de seguir traballando "para estar aquí. Fai falta un persoal longo, varios futbolistas por posto. Estou tranquilo".