
DÉPOR ABANCA · 3 MARZO 2026
MARISA GARCÍA XOGOU A SEGUNDA METADE NA GOLEADA DE ESPAÑA SUB-20 A MÉXICO
-Foto:Marisa García (na foto co dorsal 9) está concentrada coa selección española sub-20 na localidade alacantina de Alfaz del Pi.Durante este período están previstos 3 encontros amigables do combinado nacional.O segundo deles para a futbolista branquiazul foi este martes 3 de marzo ante México.A dianteira do Dépor ABANCA xogou a segunda metade ao substituír a Iria Santiago.O choque acabou en goleada (5-1) española.O terceiro e último partido será o venres 6 de marzo ante Países Baixos a partir das 11:00 horas.O encontro será retransmitido polas canles oficiais da RFEF: , e .O primeiro choque do torneo xogouse o pasado sábado 28 de febreiro ante Inglaterra.Nesta ocasión Marisa foi titular e tardou tan só 3 minutos en marcar o primeiro gol do partido, ao aproveitar un balón solto na área pequena inglesa.Foi relevada por Elene Gurtubay no descanso.Venceu España por 3-1 nun resultado de moito mérito ante un rival moi potente.O calendario de partidos de Marisa, todos eles no Albin Garden Resort, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:Sábado 28 de febreiroESPAÑA 3 - INGLATERRA 1Martes 3 de marzoESPAÑA 5 - MÉXICO 1Venres 6 de marzo11:00: ESPAÑA - PAÍSES BAIXOSMarisa, na súa primeira temporada no Dépor ABANCA, leva 17 partidos, 6 deles como titular; e anotou 1 gol.

Massimo Adalberto Benassi: "Imos aceptar sempre o erro do árb...

Antonio Hidalgo fala dun ambiente en ABANCA-RIAZOR "de tolos,...

Resultados deste venres 1 de maio nos torneos amigables; e ca...

Os Nosos regresan o luns 4 de maio ao Dépor Training Center

O Dépor vence ao CD Leganés cun gran gol de Noé na recta fina...

Triunfo do Orzán SD Xuvenil para deixar case amarrada a perma...