Inês Pereira está concentrada con Portugal para dous partidos clasificatorios para o próximo Campionato de Europa 2027.
O primeiro deles será este martes 14 de abril ante Letonia. O choque xogarase ás 20:00 no Daugava Stadium de Riga.
Con dous partidos xogados no grupo B, Portugal encabeza a clasificación con 6 puntos por 0 puntos as letonas.
O calendario de partidos de Inês Pereira é o seguinte:
Martes 14 de abril20:00: LETONIA - PORTUGAL, no Daugava Stadium de Riga
Sábado 18 de abril16:00: ESLOVAQUIA - PORTUGAL, no Estadio Tratan Area de Kosice
Inês Pereira, unha das fixas na súa selección, suma campaña 22 partidos co Deportivo ABANCA en Liga F.