RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Tres días de descanso para o Dépor ABANCA en pleno parón ligueiro por seleccións

O Dépor ABANCA puxo este venres o punto e final á primeira das dúas semanas de parón ligueiro.

Fran Alonso concedeu ao seu cadro este sábado 11, o domingo 12 e o luns 13 de abril xornadas de descanso.

Nestes días de traballo no Dépor Training Center non estiveron presentes as 4 internacionais do Dépor ABANCA convocadas polas súas seleccións: Inês Pereira (Portugal), Espe Pizarro (Uruguai), e Lucía Rivas e Redru (España sub-19).

Fran Alonso lembra que "o maior orgullo das xogadoras é representar á súa selección nacional". 

Nesta liña, opina que "para elas é moi bonito. Encima están a loitar por obxectivos moi importantes para o seu país".

Os futbolistas dispoñibles tiveron tempo para traballar no céspede pero tamén para divertirse cunha xornada de padel.

As Nosas regresarán aos adestramentos o martes 14 de abril ás 16:00 no Dépor Training Center.