Manuel Pablo cre que o partido do domingo 12 en ABANCA-RIAZOR "é un premio que se gañaron os xogadores, este cadro"
Manuel Pablo apuntou na sala de prensa do Dépor Training Center que o partido deste domingo 12 de abril ás ás 12:00 (YouTube RC Deportivo) en ABANCA-RIAZOR ante a UD Ourense "é un premio que se gañaron os xogadores, este cadro. Temos que tentar brindarlles unha vitoria a ANOSAFORZA".
Do rival, afirma que "está a facer un gran papel. Vén Borja Fernández que reconverteu a este UD Ourense. Empezou mal, custoulle adaptarse pero está a acabar moi ben. Están aí por méritos propios".
Subliña que "é un equipo moi asociativo, con moita regularidade nas cousas que fai. Non cambian a súa idea, mesmo arriscan en presións altas. Hai que parar as súas circulacións porque se son capaces de chegar a zonas altas meten moita xente na área. E aí son bos. Temos que centrarnos no noso traballo, en non cometer erros en inicio de presión, competir até o final e aproveitar esa enerxía que nos vai a dar ANOSAFORZA".
Así pois, o técnico fabrilista vaticina "un partido bonito encima coa afección, que sempre ten ganas de ver aos rapaces".
Finalmente, Manuel Pablo ve ao Fabril "nun bo momento. Vén un rival que está a competir moi ben pero cremos que ABANCA-RIAZOR empuxounos sempre cando xogamos aí. Temos moitas ganas de que chegue o partido, de poder conseguir esa vitoria que se a conseguimos déixanos cos dous pés na liña de meta".