Lucia Rivas e Paula Redruello 'Redru' están concentradas coa selección española sub-19 para disputar a Rolda 2 de clasificación para o Campionato de Europa da categoría que se xogará en Bosnia Herzegovina do 27 de xuño ao 10 de xullo.
Os rivais de España serán Hungría, Irlanda de Norte e Portugal na localidade lusa de Oeiras.
O primeiro partido será este domingo 12 de abril ante o conxunto húngaro. Será ás 10:00 (hora galega, 9:00 hora local) na Cidade do Futebol.
As españolas concentráronse en Los Ángeles de San Rafael (Segovia) o pasado luns 6 de abril e son as campioas dos últimos 4 europeos.
O calendario de Lucía Rivas e Redru é o seguinte:
Domingo 12 de abril
9:00 (hora local, 10:00 en Galicia): ESPAÑA - HUNGRÍA na Cidade do Futebol (Oeiras)
Mércores 15 de abril
9:00 (hora local, 10:00 en Galicia): ESPAÑA - IRLANDA DEL NORTE, no Nacional do Jamor (Oeiras)
Sábado 18 de abril
15:00 (hora local, 16:00 en Galicia): PORTUGAL - ESPAÑA, na Cidade do Futebol (Oeiras)
Lucía Rivas, ademais de internacional sub-16, proclamouse campioa de Europa sub-17.
Esta temporada no Dépor ABANCA de Liga F suma 11 partidos xogados, 5 deles como titular, con 1 gol anotado. Así mesmo, no filial de Segunda Federación leva 11 partidos, 8 deles como titular.
Pola súa banda, Redru xogou 14 partidos coas Nosas na máxima categoría do fútbol español, 3 deles como titular.
Así mesmo, no Dépor ABANCA B participou en 14 partidos, todos eles de titular, nos que anotou 1 gol.
