RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

O Fabril golea por 1-4 en Burgos e avantaxa en 9 puntos ao segundo clasificado, con 12 en xogo

O Fabril non acusou na Cidade Deportiva de Castañares as baixas por lesión (Damián Canedo, Manu Ferreiro, Garrido, Pablo Cortés e Hugo Ríos), por sanción (Nájera) e polo primeiro equipo (Bil).

Os de Manuel Pablo golearon (1-4), con remontada incluída, ao Burgos CF Promesas con tantos de Dipanda -2-, Domínguez e Mane en partido correspondente á 30ª xornada en Segunda Federación.

Con este resultado e co empate do Oviedo Vetusta, o filial deportivista suma á fronte da táboa 63 puntos por 54 puntos os asturianos; é dicir, 9 puntos de vantaxe a favor dos fabrilistas con 12 en xogo.

O partido arrincou costa arriba.

Os burgaleses, que se xogan a permanencia na categoría, adiantáronse no marcador aos 8 minutos.

O lateral David márchase do seu par no carril zurdo, encara a Marqués e cede á súa dereita para que Irian, libre de marca, logre a pracer o 1-0.

Reaccionou rápido o Fabril grazas a un futbolista moi en forma, Dipanda.

Antes da igualada, Fabi aos 18 minutos estrelou o balón no corpo do guarmeta Marc.

Case na xogada seguinte, e en pleno asedio fabrilista, Noé recibe en profundidade e cruza un balón raso para que Dipanda iguale no pau contrario.

Á media hora, Aarón, tocado, viuse obrigado a pedir o cambio. Quique Teijo ocupou o seu lugar.

Pouco despois, Dipanda puña en vantaxe aos de Manuel Pablo ao rematar de cabeza un centro desde a esquerda de Mane.

Con 1-2 chegouse ao descanso.

Após o paso polos vestiarios o Fabril encarrilou o encontro.

Domínguez, no minuto 51, logra o terceiro ao rematar na área un balón de Mane, que á súa vez roubou na saída de balón do Burgos CF Promesas.

Non se conformaba o filial deportivista, que seguiu buscando a portería burgalesa como nunha ocasión de Noé.

Pola súa banda, os casteláns tentaron meterse no partido pero Marqués respondeu ben baixo paus.

Co partido controlado e xa na súa recta final chegou o 4º e definitivo tanto.

No minuto 90, Mane coloca no recanto dereito da portería do Burgos CF Promesas un lanzamento de falta desde fóra da área. Pouco puido facer Marc.

Con 1-4 concluíu o encontro.

O vindeiro domingo 12 de abril ás 12:00 (YouTube RC Deportivo) o Fabril recibe á UD Ourense en ABANCA-RIAZOR.

Os socios e socias xa poden retirar a súa entrada gratuíta e obrigatoria a través da web ticketing.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e o pin.

Abriranse en principio as bancadas de Preferencia Inferior e Marathón Inferior.

A medida que se vaian esgotando habilitarase a continuación Preferencia Superior.

Tamén está habilitado o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en ticketing.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. 

O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Burgos CF Promesas: Marc, Rastrilla (Dani Ruiz, min. 87), David (Oussama, min. 76), Pascual, Jesús (Sagredo, min. 76), Irian, William, Lecic, Teje, Hugo Cuenca (Salva, min. 58) e Jan (Ethan, min. 58)

Fabril: Álex Marqués, Pablo Garcia (Mario Hermo, min. 65), Aarón (Quique Teijo, min. 26), Samu, Íker Vidal, Dani Estévez (Papa, min. 71), Noé, Mane, Domínguez (Íker Gil, min. 71), Fabi (Héctor Areosa, min. 65) e Dipanda

Árbitro: Diego Sarabia Caro, do comité rioxano. Amoestou a Jan (min. 45), Ethan (min. 83), Héctor Areosa (min. 87) e Iván (min. 90)

Goles: 1-0 Irian (min. 8); 1-1 Dipanda (min. 18); 1-2 Dipanda (min. 34); 1-3 Domínguez (min. 51); 1-4 Mane (min. 90)

Incidencias: partido disputado na Cidade Deportiva de Castañares correspondente á 30ª xornada