Dani Estévez asegura que no Fabril "temos os pés na terra" e que "afrontamos o partido con naturalidade"
O centrocampista Dani Estévez pasouse pola sala de prensa do Dépor Training Center.
Asegura que o vestiario do Fabril "ten moita ilusión no partido do domingo" ás 12:00 (YouTube RC Deportivo) en ABANCA-RIAZOR ante a UD Ourense: "É un escenario moi bonito e esperamos o apoio de ANOSAFORZA".
O centrocampista coruñés cre que o choque é "un reto, unha oportunidade moi bonita. Temos que afrontalo con ambición".
Vaticina ante a UD Ourense "un partido difícil contra un rival da zona alta. Non nos van a pór as cousas fáciles. A eles gústalles ter o balón. Temos que saír a competir".
Dani Estévez subliña que, con 9 puntos de vantaxe á fronte da clasificación a falta de 12 en xogo, "temos os pés na terra. Debemos de ir paso a paso. A fin de semana é un dos que temos que dar para tentar chegar ao obxectivo".
Aínda que confesa que "hai ganas, afrontámolo con naturalidade".
Pide a estas alturas da liga "ter cabeza aínda que non pensamos no obxectivo final senón en ir partido a partido. E aos poucos tentar gañar os máximos partidos".
Finalmente Dani Estévez lembra que "a Segunda RFEF é tamén unha categoría difícil. Está a custarnos. Non tivemos partidos fáciles. Temos que ir a pasiños curtos e tentar gañar o próximo partido, o do domingo".