RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Fran Alonso advirte que "non nos imos a relaxar" e apela ao "crecemento continuo" no Dépor ABANCA

Fran Alonso confesou ao concluír o encontro ante o Atlético de Madrid na Cidade Deportiva Alcalá de Henares que "estamos tristes porque criamos que podiamos conseguir algo. Viámonos con confianza. Coa derrota levámonos mal sabor de boca pero a actitude e os esforzos do equipo si son bos. Estamos con boas sensacións".

O técnico deportivista, en referencia á permanencia matemática en Liga F, apunta que "o primeiro obxectivo logrouse. Agora hai que porse obxectivos máis ambiciosos porque o equipo quere crecer e quere acabar mellor de como estamos agora mesmo".

Nesta liña sinala que "á parte do crecemento continuo, queremos cada vez xogar mellor, ser máis efectivas na nosa presión, ter mellor trato de balón, as ideas máis claras especialmente en campo contrario. Queremos en trazos xerais mellorar todos estes aspectos".

A pesar de certificar ese terceiro ano consecutivo en Liga F, Fran Alonso advirte que "non nos imos a relaxar. O que queremos é crecer. Temos un equipo 2 puntos por encima de nós e o obxectivo inmediato é adiantar a ese equipo en canto poidamos. E para iso afrontaremos cada partido para levarnos os 3 puntos e tentar xogar o mellor posible para que a xente que veña a vernos goce".