Regreso en autocar de As Nosas e nova sesión de traballo o martes 7 ás 10:30 no Dépor Training Center
Concluído o partido na Cidade Deportiva Alcalá de Henares ante o Atlético de Madrid, cuxos mellores momentos podes ver ao pé da noticia, As Nosas regresan por estrada á Coruña.
Fran Alonso citou de novo ao seu cadro este martes 7 de abril no Dépor Training Center para unha sesión de traballo que arrincará ás 10:30.
O Dépor ABANCA encara 2 semanas sen competición ligueira polos compromisos das seleccións nacionais. Así, a próxima cita en Liga F para as branquiazuis será o sábado 25 ou domingo 26 de abril ante o Alhama CF en ABANCA-RIAZOR.