RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Primeira semana de parón ligueiro no Dépor ABANCA pero tamén para "traballar para tentar mellorar"

O Dépor ABANCA afronta desde este martes 7 de abril a primeira das dúas semanas de parón ligueiro debido aos compromisos das seleccións nacionais.

Os resultados da última xornada deixaron ás Nosas con 26 puntos na 12ª posición.

No entanto certificouse de forma matemática a permanencia en Liga F, o que garante a terceira temporada consecutiva na máxima categoría do fútbol feminino nacional. 

Este logro reforza a estabilidade e o crecemento do proxecto.

Fran Alonso asegura que neste tempo sen competición "imos traballar para tentar mellorar".

Ademais, apunta que "ás xogadoras que tiveron menos protagonismo tentar co amigable (pendente de confirmación) darlles un pouco máis de rodaxe, que collan mellores sensacións".

O técnico deportivista confirma que haberá tamén días libres que "as xogadoras tamén os necesitan, tempo coa familia, para desconectar e afrontar a última fase da liga con moita enerxía para seguir crecendo".

Serán esta semana 4 adestramentos matinais no Dépor Training Center con esta planificación:

Martes 7 de abril
10:30 h.

Mércores 8 de abril
10:30 h.

Xoves 9 de abril
10:30 h.

Venres 10 de abril
10:30 h.

Sábado 11 de abril
Descanso

Domingo 12 de abril
Descanso