RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ESTADO FÍSICO - PARTE MÉDICO

Insua viaxa mañá á Selección Sub-21 cun informe médico

Pablo Insua foi convocado pola Selección Españonda Sub-21 para participar nos dous próximos compromisos ante Hungría e Austria. O defensor deportivista viaxa mañana a Madrid cun informe dos Servizos Médicos do Clu

O primeiro partido xogarase o día 4 en Felcsut contra Hungría. O segundo, disputarase o día 9 en Puertollano fronte a Austria. Ambos os partidos son clasificatorios para o Campionato de Europa da categoría.

Tamén se incorporan Medunjanin e Cavaleiro

Haris Medunjanin foi convocado polo seleccionador Safet Susic para participar nos dous próximos compromisos da súa selección, Bosnia Herzegovina, ante Liechtenstein e Chipre. O internacional bosníaco está citado no Centro de Adestramento da federación do seu país en Zenica mañá luns día 1.

O primeiro partido, amigable, xogarase o día 4 ás 17:00 h. contra Liechtenstein no Estadio Tusanj de Tuzla. O segundo, clasificatorio para a Eurocopa 2016, disputarase o día 9 ás 20:45 no Estadio Bilino Polje de Zenica fronte a Chipre.

Pola súa banda, Iván Cavaleiro foi convocado por Paulo Bento, seleccionador absoluto de Portugal, para un partido clasificatorio para o Campionato de Europa 2016, en Aveiro ante Albania, o 7 de setembro.

Cavaleiro terá que presentarse o martes 2 de setembro na localidade portuguesa de Óbidos.