RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Inxusta derrota en Estremadura dun Fabril que se encomenda a Abegondo para pasar de rolda

O Fabril caeu esta noite en Almendralejo ante o Extremadura (2-1) no partido de ida da primeira eliminatoria da Fase de Ascenso a LaLiga 1|2|3.

Así pois, o pase á seguinte rolda decidirase o vindeiro sábado 26 de maio ás 17:00 horas en Abegondo, no choque de volta.

Empezou moi forte no Francisco de la Hera o conxunto local, que se adiantou con 2 goles no primeiro cuarto de hora de xogo.

O Fabril se recompuxo pronto, recortou diferenzas grazas a un tanto de Uxío no minuto 32 e dominou ao seu rival, que apenas inquietou a meta defendida por Francis após o seu primeiro arreón.

De feito, as mellores oportunidades foron fabrilistas, como unha de Bicho na recta final que desbaratou a meta local Manu.

Fabril: Francis, Blas, One, Raúl González, Diego Caballo, Gaizka, Luís Fernández, Queijeiro, Uxío, Romay e Borja Galán. Tamén xogaron: Bicho e Luismi.