En Palavea adestráronse onte pola mañá a maioría dos branquiazuis ante o próximo encontro contra o Turón a xogar o domingo, ao catro e media, en Riazor. Como cada mércores, a sesión consistiu nun cros-paseo e unha serie de exercicios físicos.
Piño, Muñoz, Piña e Pardo non forzaron o ritmo de traballo. Mentres tanto, no Estadio tres homes realizaron un programa de exercicios de recuperación: Seoane, Praza e Vales.
Seoane dedicouse principalmente a practicar o movemento articular da zona lesionada na súa clavícula. Praza preocupouse de activar o cuadriceps e Vales continuou desenvolvendo o plan trazado polo médico.