RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Irureta e Tristán eloxian ao Athletic e ao seu técnico

Javier Irureta eloxiou hoxe, na sala de prensa de Riazor, ao Athletic e ao seu técnico, Valverde: "Están a xogar ben, como o demostraron o outro día en Barcelona. Creo que o técnico lles deu un aire de atrevemento moi positivo". Tamén Tristán, en rolda

O adestrador deportivista está convencido de que "un dos dous de arriba poden picar este fin de semana". Pola súa banda, Diego Tristán cre que "os goles aos poucos van chegando. E iso é importante para ter a continuidade que é necesaria nun dianteiro". Xulga o dianteiro sevillano importante a vitoria na Catedral "para seguir na pomada da liga" e espera seguir a boa sociedade con Luque: "El di que está para rompela e esperemos que si. Albert está nun bo momento e oxalá podamos seguir aproveitándoo". Por fin, Tristán non quere saber nada da selección: "Céntrome no traballo diario, no día a día. O resto xa virá logo".