RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

José Rodríguez, Canella e Hélder Costa entran na lista de convocados para Barcelona

José Rodríguez, Canella e Hélder Costa son as novidades na lista de convocados do Deportivo para o partido de mañana sábado 23 de maio no Camp Nou ante o Barcelona (18.30, Canle + 1). Con respecto ao encontro do pasado d

Víctor Sánchez do Amo incidiu esta mañá na estratexia e nas accións a balón parado, nunha sesión a porta pechada en Riazor.

Os 19 futbolistas convocados concentraranse esta tarde ás 20.30 no Hotel Meliá María Pita da Coruña. O resto de xogadores que conforman o primeiro equipo unirase o sábado pola mañá en Riazor, antes de emprender viaxe ao Aeroporto da Coruña.

O plan de viaxe é o seguinte:

Venres 22 de maio
10.30: Adestramento en Riazor (porta pechada)
20.30: Concentración dos futbolistas citados no Hotel Meliá María Pita

Sábado 23 de maio
10.00: Saída do voo chárter do Aeroporto da Coruña con destino ao Aeroporto de Barcelona
11.30: Chegada aproximada a Barcelona e traslado ao hotel Tryp Apolo
18.30: Barcelona - Deportivo no Camp Nou (Canle+ 1)
23.00: Saída do voo do Aeroporto de Barcelona con destino ao Aeroporto da Coruña

Domingo 24 de maio
00.30: Chegada aproximada ao Aeroporto da Coruña