RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Juanje e Jonathan Montiel completan o cadro do Fabril

- Fotos: LaLiga -

O Fabril completa o seu cadro con 2 novos futbolistas para afrontar con plenas garantías unha nova temporada no grupo 1º de Segunda División B.

Juan Jesús Argüez Ruiz, máis coñecido como Juanje (La Línea de la Concepción, Cádiz, 4 de abril de 1995), ficha por esta campaña con opción a 2 máis xa no primeiro equipo.

Este extremo esquerdo militou as últimas temporadas no Sevilla Atlético, onde disputou entre Segunda B e LaLiga 1|2|3 un total de 73 partidos, nos que anotou 8 goles.

Pola súa banda, Jonathan Montiel Caballero (Madrid, 3 de setembro de 1998) aterra no filial branquiazul para esta temporada 2018-19, cedido polo Rayo Vallecano.

Este polivalente atacante, que pode actuar en todas as posicións ofensivas, xogou a temporada pasada un partido en LaLiga 1|2|3 e outros 19 encontros como cedido no Toledo de Segunda División B, onde marcou 2 goles.

Na campaña 2015-16, Montiel chegou a disputar 8 partidos na máxima categoría do fútbol nacional.