RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Juanma e Changui exercitáronse esta mañá no Mundo do Fútbol

O corpo técnico do Deportivo dispuxo hoxe, día de descanso para o persoal, unha sesión de adestramento en 'O Mundo do Fútbol' para os futbolistas Juanma e Changui. O central andaluz foi presentado o pasado xoves e xa se exercitou venres -todo o día- e sáb

Pola súa banda, Changui recupérase dunha operación na pube e a súa intención é estar canto antes ás ordes de Joaquín Caparrós.
Este xoves pola mañá comeza a pretemporada Fabrizio Coloccini, que apura os seus últimos días de vacacións en Arxentina. O central do Dépor participou todo o mes de xuño na concentración da albiceleste para xogar primeiro dous partidos oficiais clasificatorios para o Mundial 2006 e logo en Cópaa FIFA Confederacións, na que Arxentina foi subcampioa.
O martes ás 9:30 adestraranse en 'O Mundo do Fútbol', ás ordes de Caparrós, os futbolistas que quedaron este fin de semana sen viaxar a Podgorica. Xa pola tarde haberá adestramento para todos.