RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Juventus, Bayern, Lazio, Manchester ou Monaco, cabezas de grupo do Deportivo

Real Madrid, Juventus FC, FC Barcelona, FC Bayern München, S.S. Lazio, Manchester United FC, AS Monaco e Valencia CF son o oito equipos cabeza de grupo da liga de Campións 2000-2001. Un deles ?que non sexa español, polo que quedan fóra Real Madrid, Bar

O Deportivo, na súa estrea na máxima competición do fútbol europeo, está no segundo bombo do sorteo, un grupo tamén forte no que se atopan ademais, Spartak Moscow, Paris Saint-Germain, Olympique Lyonnais, Milan AC, Arsenal FC, PSV Eindhoven e Galatasaray SK, polo que ningún destes conxuntos enfrontarase na primeira rolda ao conxunto branquiazul. Cabe destacar que o Deportivo ten 53799 puntos nesta clasificación da UEFA, case os mesmos que o Milan, con 53963 e por encima de equipos históricos como o Arsenal, PSV, Dinamo de Kiev ou Bayern Leverkusen.

Os bombos cos rivais teoricamente máis débiles (todo isto segundo os coeficientes da UEFA) están integrados por Dynamo Kyev, Rosenborg BK, Bayer 04 Leverkusen, Olympiakos Piraeus FC, Panathinaikos FC, Leeds United AFC, AC Sparta Praha e Rangers FC o primeiro (de entre este oito equipos sairía outro dos rivais dos deportivistas) e o último bombo formado por Sporting Clube de Portugal, Hamburger SV, RSC Anderlecht, Besiktas JK, SK Sturm Graz, SC Heerenveen, Helsingborgs IF e Shakhtar Donetsk.

O venres, ás 12, en Mónaco, celebrarase o sorteo onde os coruñeses coñecerán a súa sorte en Europa. É o primeiro paso para a súa estrea, a mediados de setembro, na UEFA Champions League.