RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

La Peña O Caserío de San Sebastián pasa a denominarse Trintxerpe - A áncora.

A única peña deportivista en Guipuzkoa cambia de nome. Antes era a Peña O  Caseríou, e agora pasa a denominarse a Peña Trintxerpe - A áncora. O seu Presidente é Míkel Jiménez e o seu Secretario, Jos&ea

Por outra banda, o vindeiro mércores 3 de novembro a partir das 20.30 horas nacerá oficialmente a Pena Deportivista A Biela - Urreta, sita na Pizzaría A Biela (rúa do Río nº 9) de Sada. Hugo Darío é o seu Presidente e Alejandro Aneiros, o  Secretario. Desta forma, Urreta, que en poucos meses gañouse o agarimo da bancada deportivista, únese a Aranzubía, Pablo Álvarez, Gardado, Valerón e Rochela, todos eles  xogadores que actualmente contan cunha Pena Deportivista.

Nos próximos días, unha representación do Real Club Deportivo acudirá a Monterroso para a inauguración da nova Pena Deportivista A Ulloa, sita na citada localidade lucense. A sede social está situada na Cafetaría Bruxelas e na Cafetaría Trasnos, ambos os locais na Rúa San Antonio. Diego Galego é o Presidente e Santiago Rodríguez, o Secretario.