RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Ximo Navarro: "Este Club, por sorte, quere máis"

Ximo Navarro manifestou que "ter un club en Primera ou Segunda División é moi importante. Este Club, por sorte, quere máis. Hai que loitar por subir a Primera División. Vindo deses 4 anos en Primera RFEF, manter a categoría este ano era moi importante e conseguímolo aínda que nos gustou estar máis preto doutros obxectivos".

Con ampla experiencia no fútbol profesional, cre que Abegondo "é unha das mellores cidades deportivas de España. Cando se termine todo, nuns anos, será mesmo a nivel europeo. Aquí non falta de nada. Mírase moito ter unhas boas instalacións, mellorar para o fútbol feminino, para a canteira, que é moi importante neste Club".

Cualifica cun "ben" a temporada do Dépor aínda que "con altibaixos, con momentos difíciles. En ABANCA-RIAZOR custounos moito. Oxalá que melloremos a temporada que vén porque #ANOSAFORZA meréceo. Vén sempre ao estadio e démoslle poucas alegrías. Tentaremos seguir igual fóra de casa para pelexar por obxectivos bonitos".

A nivel individual móstrase "contento" pola súa temporada aínda que se lamentou "terminar estes dous meses sen poder participar, sen poder axudar desde dentro".

Queda no entanto coa sensación positiva "polos partidos nos que puiden xogar até esa lesión que é mala sorte ao non ser un tema muscular que é o que nos adoita pasar aos futbolistas".

Recalca o defensor deportivista que "foi a temporada que máis goles fixen así que moi contento. Unha pena esa lesión porque podía conseguir algún máis".

Finalmente, após 2 temporadas no Dépor, o que lle sorprende é a #ANOSAFORZA: "Un sabe cando vén aquí que é un Club moi importante, moi seguido pola xente, tanto na Coruña como fóra. Vémolo cando xogamos fóra de ABANCA-RIAZOR. Xente que está preto ou vive nesas cidades aproveita para ver ao equipo. Iso é o que máis me chamou a atención".