
DÉPOR FABRIL · 2 MAIO 2026
MANUEL PABLO: "MANTIVEMOS UN NIVEL DE ESIXENCIA MÁXIMO ATA O FINAL"
Manuel Pablo asegurou na sala de prensa do Dépor Training Center que, este domingo 3 de maio ás 12:00 no Estadio Municipal Adolfo Suárez, "imos competir. Queremos ser o equipo de Segunda Federación que máis puntos consegue".Insiste en dar "unha boa imaxe. Imos buscar facerlles dano e ser competitivos".Do Real Ávila CF advirte que "asóciase ben, xoga ben. Está a xogarse meterse en play off e fíxonos moito dano. Foi o equipo que máis ocasións nos fixo".Finalmente, a un partido para concluír a liga, Manuel Pablo cre que a evolución do Fabril foi "moi boa. Mantivemos un nivel de esixencia máximo até o final. Non baixamos. Mesmo nesa época de novembro e decembro na que non conseguiamos vitorias o equipo seguiu crendo no mesmo. Esa esixencia deunos ser un equipo moi recoñecible".Subliña o técnico fabrilista que "a base está no día a día. Eles curraron moito, están a currar moito aínda e gañárono merecidamente".

O Benxamín A clasificouse para a final do Mini Teresa Herrera...

O Dépor xogará o 25 de xullo ás 19:30 ante o Real Oviedo no E...

400 nenos e nenas arrancaron os DéporCampus 2026 no Dépor Tra...

O RC Deportivo lanza o LembraDÉ 2025-26, unha experiencia per...

Resultados da fin de semana, con título para o San Tirso SD C...

O Dépor Genuine conclúe unha nova Liga Genuine Moeve marcada ...