RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Resultados deste sábado 2 de maio en ANOSACANTEIRA feminina e calendario deste domingo 3, con só cita para o Orzán SD Infantil A

ORZÁN SD · 2 MAIO 2026

RESULTADOS DESTE SÁBADO 2 DE MAIO EN ANOSACANTEIRA FEMININA E CALENDARIO DESTE DOMINGO 3, CON SÓ CITA PARA O ORZÁN SD INFANTIL A

Este domingo 3 de maio xogaráse 1 partido con representación deportivista en ANOSACANTEIRA feminina.Na Fase polo Título da Liga Galega, o Orzán SD Infantil A, que marcha na 4ª posición con 8 puntos, mídese ao Alondras CF, ás 12:15 na Torre.Coa liga concluída para o Dépor ABANCA B en Segunda Federación e o Orzán SD Sub-21 en Tercera, e co obxectivo da permanencia acadado por ambos equipos, o partido do Orzán SD Xuvenil ante o SR Calo deste venres 1 de maio no Dépor Training Center abriu o calendario de partidos.As orzanistas gañaron 7-2, suman 23 puntos e deixan encarrilada a permanencia en Primera Autonómica.Este sábado 2 de maio xogáronse outros 2 partidos: o Orzán SD Cadete gañou na Torre (4-0) ao Racing de Ferrol e o Orzán SD Infantil B empatou co EFF Rosalía (1-1) en Oira nun choque da Fase Plata da Liga Galega.A boa nova tivo como protagonista en ANOSACANTEIRA Antía Veiga, citada pola selección española sub-17 para disputar o Campionato de Europa, do 2 ao 17 de maio en Irlanda del Norte.A canteirá deportivista concentrouse o pasado martes 28 de abril na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid) até este sábado 2 de maio, día no que as internacionais sub-17 puxeron rumbo a Belfast.O calendario de partidos, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Primera Autonómica27ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL 7 (Azucena Fidalgo, Daniela Barbanzán, Valentina Fernández, Martina Vázquez, Marta Moreno -2- e Mishell Calviño) - SR CALO 2Liga Galega cadete25ª xornada: ORZÁN SD CADETE 4 (Alba García, Carla Miranda, Daniela Barbanzán e Lorena Anastase) - RACING DE FERROL 0Liga Galega infantil5ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A - ALONDRAS CF, o domingo 3 de maio ás 12:15 na Torre (campo 1)5ª xornada: EFF ROSALÍA 1 - ORZÁN SD INFANTIL B 1 (Carmen Méndez)