RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Fran Alonso: "Levamos unha boa dinámica en ABANCA-RIAZOR e é porque nos sentimos moi arroupadas"

DÉPOR ABANCA · 2 MAIO 2026

FRAN ALONSO: "LEVAMOS UNHA BOA DINÁMICA EN ABANCA-RIAZOR E É PORQUE NOS SENTIMOS MOI ARROUPADAS"

Fran Alonso manifestou na sala de prensa do Dépor Training Center que "agora mesmo temos ao RCD Espanyol 1 punto por enriba de nós. Queremos adiantalas. E para iso necesitamos gañar mañá", en referencia ao encontro ante a Real Sociedad en ABANCA-RIAZOR este domingo 3 de maio ás 12:00 (Dazn e RTVE Play).O técnico deportivista insiste en "seguir entusiasmando a ANOSAFORZA. O último partido foi moi especial para nós. A pesar do resultado (un empate ante o Alhama CF) foi un alento continuo, as xogadoras saíron ovacionadas a pesar de que se nos escaparon 2 puntos. Temos moitísimas ganas de atoparnos cun ambiente parecido e devolverlle ese cariño en forma de vitoria".Finalmente afirma que este domingo, Día da Nai, que mellor maneira que vir en familia ver o Dépor ABANCA e logo ir xantar xuntos. Oxalá teñamos unha asistencia como a anterior. Levamos unha boa dinámica en ABANCA-RIAZOR e é porque nos sentimos moi arroupadas, sentimos o cariño de ANOSAFORZA e para as xogadoras é especial xogar diante da nosa afección".Por conseguinte, convida "a todo o mundo a que veña ante un rival nun momento de forma espectacular. É un partido moi difícil pero co apoio de ANOSAFORZA imos dalo todo e tentar a vitoria".