Longa viaxe a Murcia do Dépor ABANCA para medirse ao Alhama CF
O Dépor ABANCA emprende unha longa viaxe este sábado 25 de novembro a Murcia para enfrontarse o domingo 26 de novembro ás 16:30 ao Alhama CF, en partido correspondente á 10ª xornada en Primera Federación Iberdrola.
Antes de viaxar, ás 9:00, As Nosas realizarán un último ensaio en Abegondo.
O regreso á Coruña será o luns, con chegada a Galicia ás 14:45.
O plan de viaxe do Dépor ABANCA é o seguinte:
Sábado 25 de novembro 9:00: Adestramento en Abegondo 13:10: Saída do voo de Santiago con destino ao Aeroporto de Alicante 14:45 (horario aproximado): Chegada a Alicante e traslado á AC Hotel by Marriot Murcia
Domingo 26 de novembro 16:30: Alhama CF - Deportivo ABANCA, no campo José Kubala (Complexo Deportivo Guadalentín)
Luns 27 de novembro 13:00: Saída do voo do Aeroporto de Alicante con destino Santiago 14:45 (horario aproximado): Chegada a Galicia