RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ESTADO FÍSICO - PARTE MÉDICO

Lopo, cunha lesión de grao 2 no sóleo, e 5 futbolistas máis están agora mesmo de baixa médica

  Seis xogadores do Dépor atópanse, a pouco más de 48 horas do encontro ante o Eibar (sábado 19 de decembro ás 22.05 horas en Riazor), de baixa médica.

Oriol Rise e Jonás adestran estes días co readaptador, Pablo López. Fabricio e Borges traballan diariamente cos fisioterapeutas do Club.

Cani, con molestias no nocello esquerdo, tamén está de baixa; do mesmo xeito que Lopo, que sofre unha lesión de grao 2 no sóleo da perna esquerda, segundo deduciron os Servizos Médicos do Club da resonancia magnética á que o futbolista foi sometido hoxe xoves.
 
O central deportivista estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia. Segundo evolución, iniciará a continuación unha fase de readaptación, baixo a supervisión do readaptador do primeiro persoal, Pablo López.
 
Podes comprobar aquí o estado físico do persoal deportivista: