Dixo sentirse "máis responsabilizado porque levo aquí catro anos e recibín o respecto e o agarimo da afección"; e confesou estar "convencido de que imos gañar".
Tanto Lotina como Manuel Pablo, este tamén na sala de prensa, coincidiron en apuntar a gran calidade do rival, a Valencia; aínda que nun partido como o de mañá, "debemos pensar só en nós mesmos. Centrarnos en facer as cousas ben".