RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Lotina: Quedo no Deportivo

Miguel Ángel Lotina confirmó públicamente esta mañana que queda no Deportivo a próxima tempada. "Quedo. Teño contrato", manifestó o técnico vasco. Además, resumió desta forma o final

En canto ao futuro, aposta por manter o bloque "no que as saídas sexan mínimas". Apuntou que agora mesmo hai "xogadores moi golosos para os grandes, porque creceron moito nestes meses", e referiuse concretamente a Lafita e a Filipe: "Non teño ningunha dúbida de que exerceremos a opción de compra sobre Filipe e Lafita". Tamén saíu a relucir o nome de Coloccini: "Vale o dobre que a tempada pasada. Non creo que haxa un central en Europa que estea como el".

En canto ao once de Zaragoza, coa baixa segura de Lafita por contrato, Miguel Anxo Lotina di que pensará en utilizar o esquema do Sardinero de Santander con Juan Rodríguez, ou ben facer entrar no equipo a Riki ou a Cristian e manter o sistema. "Pero é moi pronto aínda. Xa pensaremos o xoves ou venres. Agora mesmo preocúpame máis que os futbolistas adéstrense ben e que cheguen en boas condicións ao fin de semana".