RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSAFORZA

Loureiro, Altimira, Eva Dios e Elena Vázquez apadriñan a peña deportivista Astillero Blanquiazul en Ferrol

Os futbolistas Loureiro, Altimira, Eva Dios e Elena Vázquez apadriñaron a pena deportivista Astillero Blanquiazul, inaugurada esta semana en Ferrol.

Presidida por Manuel Fustes, esta nova agrupación é moito máis que o nacemento dun novo punto de encontro: é a confirmación de que o sentimento branquiazul non entende de distancias nin de momentos.

No ADCR Santa Marina Bar sito na Avenida Santa Marina nº 61 latexa o corazón do RC Deportivo, sostido por persoas que nunca deixaron de crer, que estiveron nos días difíciles e que seguen empuxando coa mesma ilusión.