RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lucas Pérez ficha polo Arsenal

  Lucas Pérez Martínez (A Coruña, 10 de setembro de 1988) converteuse hoxe en novo xogador do Arsenal Football Club tras completarse todos os trámites da operación de incorporación do futbolista procedent

O Real Club Deportivo quere agradecer a Lucas a súa decidida aposta polo Dépor e a súa entrega en cada minuto sobre o campo defendendo a camiseta branquiazul. O seu rendemento serviu para ilusionar aos deportivistas, sobre todo aos máis novos, axudando a espertar unha enorme ilusión polo equipo e gañándose con suor o agarimo dos afeccionados. Estas dúas tempadas nas que Lucas creceu como futbolista vestindo #asnosascores serviron tamén para pechar unha importante operación para o futuro económico do Club. Por todo iso desexámoslle os maiores éxitos na súa nova etapa profesional: ¡grazas e sorte!