
Lucas Pérez: ''grazas por todo o que vivín aquí. O Deportivo vai ser grande sempre''
Lucas Pérez regresó nas últimas horas á Coruña para despedirse dos seus compañeros de Dépor en unha cea celebrada onte á noite, e este mediodía de a afición nunha rolda de prensa que tiv
Tino Fernández comezou dirixíndose ao "noso querido Lucas. Desde o Club darlle as grazas por estes dous anos de ilusión, de paixón, de goles, de alegrías e tristezas, dous anos moi importantes para o futuro do Deportivo que tivemos a sorte de compartir con Lucas. Cando chegan estes momentos, do ata logo, do ata sempre, porque Lucas sempre vai estar vinculado ao Deportivo, lembras eses momentos singulares que tivo esta historia, acórdasche de todo. Son moitas cousas e detalles que compartimos", comentou o presidente antes de lembrar os momentos máis destacados da carreira de Lucas no Dépor. Tras os detalles, a análise global do presidente é que "creo que facemos todos unha boa operación, o Arsenal leva un grandísimo xogador que seguro vai triunfar, para o Deportivo é unha operación moi importante, practicamente o que ingresa o Deportivo e outros clubs da contorna multiplicamos o investimento por dez, e aínda que sexa con esa dor de que che gustaría retelo, facemos todos unha operación boa. En nome do todo o deportivismo, esta é a túa casa, moitísimas grazas por todo e moita sorte, amigo". concluíu o Tino Fernández.
Pola súa banda Lucas dixo inicialmente que "chegou o día do ata logo. É un paso importante na miña carreira marcharme a un Club como o Arsenal que apostou forte por min. Teño que dar as grazas por todo o que vivín aquí á directiva, aos compañeiros, á xente que traballa en Abegondo e a Richard Barral que confiou en min para cumprir o soño de vir á miña casa, a triunfar no Deportivo cando ninguén me coñecía. É un orgullo, por iso isto é un ata logo”.
En canto ao malestar que poida causar nun sector da afección a súa marcha, Lucas mostrouse sincero: "estiven en Coruña estas semanas e pola rúa a xente díxome só palabras de agradecemento. A nivel persoal non vivín a molestia da xente. Penso que non deixo a ninguén tirado, márchome dando abrazos a todo o mundo, é unha despedida boa deixando a porta aberta da miña casa. Non vou ser máis ou menos deportivista por marcharme. A todos no noso traballo se nos sae unha oportunidade onde podes progresar, onde podes crecer, se non a collésemos seriamos uns cínicos".
En canto á situación na que queda o Dépor tamén foi rotundo: "hai que esquecerse de Lucas, xa é pasado, fixo o seu labor para o Club e cada un seguirá o seu camiño. O Dépor foi, é e será grande. Cando me marchaba para o País Vasco, para Madrid, para Ucraína ou Grecia ninguén se acordaba de Lucas no aeroporto ou na estación de tren e dicíalle ‘queda'. O Deportivo vai ser grande sempre. Esta é a miña casa e nunca vou dicir que non quero volver ao Deportivo".
"Cada ano o Deportivo mellorou. Cada vez son máis xogadores en propiedade, fanse investimentos por Andone, o mellor xogador de Segunda ou que Sidnei quede, reter a Pedro Mosquera. O Club está a mellorar paso a paso, volverá onde estivo e onde se merece estar. E que o Deportivo poida reconstruírse co meu diñeiro faime estar moi contento".
Lucas tamén falou do seu futuro: "a expectativa é a ilusión de xogar competicións europeas, pelexar por títulos, ir á selección, de crecer como xogador e compartir vestiario con grandes futbolistas. E tamén sentirme orgulloso de saír da Coruña e servir de exemplo para moitos rapaces de aquí de poder chegar a xogar nun equipo tan grande como o Arsenal e que se lle fiche por unha cantidade así, oxalá sirva de exemplo para moitos rapaces de facelo ben e mesmo mellor que eu"
Calendario do Alevín A en Primera Futgal de fútbol 8
ALEVÍN A
Arrincan este martes 23 a liga de fútbol 8 os alevíns e benxamíns do RC Deportivo
#ANOSACANTEIRA
O Xuvenil A deportivista participa nun taller de integridade organizado por LaLiga
Xuvenil-A
Fran Alonso cre que ante o Real Madrid CF "foi un día malo" pero advirte que "estes partidos son leccións"
#ASNOSAS