RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Fran Alonso cre que ante o Real Madrid CF "foi un día malo" pero advirte que "estes partidos son leccións"

Fran Alonso manifestou após o encontro ante o Real Madrid CF no Estadio Alfredo Di Stéfano que "se non estás ao 100% castíganche. Levámonos moito castigo. Perder entraba dentro do probable pero podiamos competir un pouco mellor e obter un mellor resultado".

O técnico deportivista laméntase do primeiro gol madridista aos 2 minutos porque "tiñamos moita confianza, o equipo viña xogando ben, viámonos moi sólidas, mesmo na defensa da área. Ese gol trastórnanos todos os plans; pero pode pasar".

Cre que "os dous primeiros goles son dous erros nosos. Aínda quedándonos cunha xogadora de máis é difícil darlle a volta contra un equipo con tanta calidade. E logo colléronnos ás costas un par de veces. Un día malo tivemos", conclúe.

Fran Alonso afirma finalmente que "estes partidos son leccións, competir contra xogadoras deste nivel, algunhas das mellores do mundo. Saímos de inicio cun equipo moi novo. Confiamos en ANOSACANTEIRA. Hai xogadoras que non teñen nin 18 anos e saíron de inicio. Estabamos a enfrontar a algunhas das mellores xogadoras do mundo. Son experiencias de moitísima validez para as súas carreiras".

Nesta liña engade que "en cómputo xeral foi un mal partido. O rival foi xusto vencedor".