RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Fran Alonso admite que a Real Sociedad é "favorita" pero advirte que "imos nun bo nivel de confianza"

Fran Alonso apuntou na sala de prensa do Dépor Training Center que un partido ante a Real Sociedad, como o deste domingo 14 de decembro ás 12:00 (Dazn) en Zubieta, "sempre é moi difícil".

Iso si, lembra que "temos unha moi boa experiencia do ano pasado, onde logramos gañar por 1-2. Pero este ano é un equipo máis completo. Están a facelo moi ben, en postos Champions. Só perderon 2 partidos".

Advirte o técnico deportivista que o conxunto vasco "esíxeche moitísimo a nivel mental, con reinicios rápidos, non deixan organizarche. Sobre todo en casa meten moitísimo ritmo".

Por todo iso, vaticina un partido "moi difícil mentalmente pero se hai un momento bo para nós para xogar ante a Real Sociedad é agora porque estamos nun bo estado anímico e con bastante confianza. Temos ganas de que chegue o partido e de probarnos ante un rival de máxima entidade".

Fran Alonso explica que a As Nosas "puxémoslles vídeos onde lles ensinamos as súas principais fortalezas. Aparte a Real ten as ideas moi claras, é un equipo moi vertical en campo contrario, con moitísima calidade de centro lateral, tanto zurdas como destras. Fan moitos primeiros contactos tanto en pelota parada como en dinámico así que necesitamos ser moi sólidas, con esa melloría na defensa da área que mostramos ante o Granada CF".

Admite que as realistas "son favoritas pero imos nun bo nivel de confianza; e se o nivel de concentración é bo e imos sen ningún medo a dalo todo temos posibilidades de facer un bo partido".