RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Luís Fariña vaticina un Eibar ''dificilísimo''

Luís Fariña compareció ante os medios informativos na sala de prensa de Abegondo. "Vendo os partidos na liga do Eibar, é un equipo moi duro, que vai ser difícilismo. Imos facer o noso xogo e tratar de traernos o tres puntos"

Admite que "o meu posto natural é polo centro, onde sinto cómodo. Pero cando me toca xogar na banda trato de facelo o mellor posible". Iso si, insiste en que "mentres siga tocando banda, tratarei de seguir mellorando nesa posición para que o equipo vaia mellor e tratar de ir gañando confianza".

Cre Fariña que "o parón nos vén moi ben para prepararnos mellor fisicamente, coñecer os conceptos que quere o técnico, para melloralos. Xa temos a cabeza posta no partido do luns en Eibar.

Opina o atacante deportivista que "aquí se xoga máis toque, máis presión que quizais en Arxentina. Pero o que é o fútbol é bastante parecido".