A Praia Club comeza febreiro con ritmo cun calendario repleto de actuacións. Os concertos comezan o vindeiro venres, coa actuación de Amaury Gutiérrez ás doce da noite. Ma entrada para gozar deste artista cubano que mestura ritmos africanos e jamaicanos c
Unha semana despois, o venres 11 de febreiro, será a quenda do coruñés Jacobo Paz para deleitar ao público presente na sala coa presentación do seu primeiro disco. Será tamén a medianoite e o prezo son 500 pesetas.
O venres día 18 de febreiro o ex-integrante de Tequila e Os Rodríguez, Ariel Roth, tocará ás 12 na Praia Club. As entradas custan 1.200 pesetas en venda anticipada e 1.500 en despacho de billetes.
Por último, o domingo 20 de febreiro, Ocean Colour Scene, posiblemente a banda punteira do pop británico, tocará ao dez da noite nun concerto cuxa entrada custará 2.500 pesetas.
Proximamente tocarán na Praia Club Deviot, Manta Ray e Elephant Band.