RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Máis de 1.500 nenos e nenas da provincia, hoxe no Mundo do Fútbol

A Cidade Deportiva de Abegondo 'O Mundo do Fútbol' acolle desde primeira hora da mañá a uns 1.500 nenos e nenas de categoría benjamín e alevín que compiten na segunda edición do Campionato de fútbol sete, organizado polo Deportivo.

O Presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, e unha representación do Consello de Administración serán os encargados de entregar os trofeos.

O torneo disputarase polo sistema de liguiña. Os alevíns dividiranse en 13 grupos. Os campións de cada grupo, unidos ao Deportivo A e B e ao Pavillón Paternina, que quedaron exentos, pasarán á segunda fase, que será polo sistema de eliminatorias ata o final.

En categoría benjamín, os 42 equipos participantes dividiranse en 14 grupos de tres equipos. A partir desta primeira fase, os campións de cada grupo emparellaranse en eliminatorias ata o final.

Para a competición habilitaranse nove campos na Cidade Deportiva de Abegondo, con este horario:
10:00 a 17:00: Primeira fase de grupos
17:00: Comezan os oitavos de final en categoría alevín
17:25: Arrincan os oitavos de final en categoría benjamín
17:50: Cuartos de final en alevíns
18:15: Cuartos de final en benjamines
18:45: Semifinais en categoría alevín
19:20: Semifinais en categoría benjamín
20:00: Finais das dúas categorías no campo principal de 'O Mundo do Fútbol', onde xoga o Deportivo B de Terceira División os seus partidos

En total serán 138 partidos nun só día. Toda unha marca.

Os equipos participantes son estes, en categoría alevín: Vitoria B, Orzán e Atlético Oleiros (Grupo 1); Gaiteira, Torre, Brexo Lema e Oseiro (Grupo 2); Marabillas, Atlético Arteixo, Viveiro e Betanzos A (Grupo 3); Atlético Castros A, Dodro e Raio Sadense (Grupo 4); San Cristóbal, Narón Balompé e Ortigueira (Grupo 5); Sen Querer, Luís Calvo Sanz B, Olímpico e Atlético Riveira (Grupo 6); Santa María del Mar, Montañeiros, Villestro e Pavillón B (Grupo 7); Atlético Castros B, Compañía de María, Nicraniense e Imperator (Grupo 8); Orillamar, Calasanz, Ureca e Touro (Grupo 9); Conxo, Cidade Xardín, Luís Calvo Sanz A e Betanzos B (Grupo 10); Meicende, Portazgo, Poboa e Lóstrego (Grupo 11); Calasancio, As Pontes, Cabo de Cruz e Peñarredonda (Grupo 12); Vitoria A, Oza Xuvenil e Carreira (Grupo 13).

E os equipos que competirán polo título en categoría benjamín son os seguintes: Vitoria B, Vioño e Atlético San Pedro (Grupo A); Montañeiros, Sen Querer e Colexio Obradoiro (Grupo B); Imperátor, Santa María del Mar e Dodro (Grupo C); Gaiteira, Olímpico e Arteixo (Grupo D); Marabillas, Calasanz e Brexo Lemo (Grupo E); Atlético Castros, Pavillón A e Viveiro (Grupo F); Montañeiros A, Narón Balompé, Raio Sadense (Grupo G); Orzán, Luís Calvo Sanz A e Betanzos A (Grupo H); Deportivo Cidade, Ureca e Pavillón B (Grupo I); Orillamar, Atlético Oleiros e As Pontes (Grupo J); Montañeiros B, Portazgo e Nicraniense (Grupo K); Compañía de María, Luís Calvo Sanz B e Touro (Grupo L); Betanzos B, Carreira e Vitoria A (Grupo M); Sporting Meicende, Atlético Riveira e Conxo (Grupo N).