RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Máis de 175 nenos inician o domingo a primeira quenda do Campus de Fútbol 2004

Un total de 178 nenos e nenas, atendidos por 15 monitores, abrirán este domingo a terceira edición do Campus de Fútbol 2004, que patrocina a Deputación e organiza o Real Club Deportivo. Os participantes comezarán a chegar a Acea de Ama ás 16:45 horas

O resto de quendas cos concellos participantes en cada un, nos que houbo unha serie de cambios, son os seguintes:
-2º quenda, do 4 ao 10 de xullo: Bergondo, Vilarmaior, Monfero, Paderne, Irixoa, Betanzos, Coirós, Oza dos Ríos, Curtis, Vilasantar, Sobrado dos Monxes, Abegondo, Miño, Aranga, Culleredo e Arteixo
-3º quenda, do 11 ao 17 de xullo: Cariño, Cedeira, Cerdido, Valdoviño, Moeche, San Sadurniño, As Pontes, Neda, A Capela, Ferrol, Mugardos, Ares, Fene, Pontedeume e Sada.
-4º quenda, do 18 ao 24 de xullo: Cambre, Melide, Santiso, Boiro, Boimorto, Mesía, Oroso, Touro, Ordes, Tordoia, Carral, Cerceda, A Laracha, Carballo, Coristanco e Val do Dubra.
-5º quenda, do 25 ao 31 de xullo: Santa Comba, A Baña, Outes, Muros, Carnota, Mazaricos, Corcubión, Dumbría, Cee, Fisterra, Arzúa, Muxía, Vimianzo, Camariñas, Laxe, Ponteceso, Malpica e Zas.