RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mañá de recuperación física para os titulares onte en ABANCA-RIAZOR

O Deportivo regresou hoxe luns aos adestramentos na Cidade Deportiva nunha mañá de vento e choiva.

A xornada foi de recuperación para os titulares onte en ABANCA-RIAZOR ante o Real Madrid Castilla, con carreira continua, estiramentos, ximnasio e fisioterapia.

Para os demais integrantes do cadro branquiazul a sesión de traballo foi de alta intensidade, a base de rondos, finalizacións e fútbol reducido para concluír.

Isi Gómez realizou adestramento personalizado supervisado polo readaptador Álex Canosa e Antoñito quedou no vestiario á espera de avaliación médica dunhas molestias que onte sufriu nos isquiotibiais no transcurso do partido ante o Real Madrid Castilla e que lle obrigaron a pedir o cambio, tal e como desvelou na sala de prensa Óscar Cano.

Mañá martes haberá xornada de descanso. Os Nosos están citados de novo o mércores 15 de marzo ás 9:00 para almorzar xa na instalación e saltar ao céspede a partir das 10:30 horas.

A próxima cita do Deportivo no grupo 1º de Primera Federación será o domingo 19 de marzo ás 17:00 (InSports.tv) no Estadio Reino de León ante a Cultural y Deportiva Leonesa.