RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mañá de traballo post-partido no Dépor

O Deportivo completou esta mañá en Abegondo a habitual sesión que o corpo técnico deseña para o día post-partido.

En rolda de prensa onte en León, Óscar Cano afirmaba que "o único que teño que facer como líder deste grupo é tratar de que os rapaces pasen o duelo rapidamente porque temos en 7 días outro partido", en referencia ao domingo 26 ás 19:00 en ABANCA-RIAZOR (TVG-2 e InSports.tv) ante o RC Celta B.

O técnico branquiazul asegurou aos medios de comunicación que "non nos queda outra que tratar de remendar o borrón de hoxe (por onte), gañando en ABANCA-RIAZOR".

Os titulares onte ante a Cultural Leonesa tiveron tarefas de recuperación física, con carreira continua, estiramentos, ximnasio e fisioterapia.

Para os demais, a xornada foi de alta intensidade, cun quecemento, rondos, finalizacións e fútbol reducido.

Mañá martes hai xornada de descanso. O Dépor regresa aos adestramentos o mércores a partir das 10:30 horas.