RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Manuel Pablo asinou este fin de semana o seu contrato de renovacion co Deportivo

O lateral deportivista Manuel Pablo firmó este fin de semana o seu contrato de renovación que o vincula ao Real Club Deportivo polas dúas próximas tempadas. O axente do capitán branquiazul, Antonio Morais, estivo desde o venres

Ademais das dúas campañas fixas, o contrato establece unha terceira opcional se Manuel Pablo disputa 25 encontros oficiais na segunda tempada.

Manuel Pablo chegou ao Deportivo na tempada 1998-99 procedente da Unión Deportiva As Palmas. Debutou en Primeira División o 15 de novembro de 1998 nun partido que enfrontaba en Riazor ao Dépor e ao Arabés, ata converterse en titular indiscutible para Irureta primeiro, e para Joaquín Caparrós a continuación. Na Coruña, Manuel Pablo logrou catro títulos oficiais: 1 Liga, 1 Copa e 2 Supercopas de España.