RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Maratón de partidos para o Benxamín A en dous torneos en Alemaña

O Benxamín A desprázase este xoves a Wendelstein (Alemaña) para participar en dous torneos amigables. Entre as dúas citas, ten xa confirmados 10 partidos, aínda que todos eles de 12 minutos de duración.

O sábado 12, o conxunto deportivista competirá nun torneo organizado polo club TSV Röthenbach.

O Benxamín A quedou encadrado no grupo B, co Flyeralarm Admira, FSV Frankfurt, SpVgg Unterhaching, Interstar Sibiu, DJK Falke e DJK Schwabach.

O calendario de competición é o seguinte:

Sábado 12 de maio
Primeira Fase
10:44: BENXAMÍN A - DJK SCHWABACH
11:12: DJK FALKE - BENXAMÍN A
12:22: INTERSTAR SIBIU - BENXAMÍN A
12:50: BENXAMÍN A - SPVGG UNTERHACHING
14:00: FSV FRANKFURT - BENXAMÍN A
14:56: BENXAMÍN A - FLYERALARM ADMIRA

Os dous primeiros de grupo accederán á Fase Final que, desde cuartos de final, xogarase a continuación.

Xa o domingo 13, o Benxamín A compite na Tolerance Cup 2018.

Neste caso, o equipo que prepara Pablo Barros terá como rivais na Primeira Fase, no grupo E, ao FC Nürnberg, Besiktas, SK Lauf e MTV Stadeln.

O calendario de partidos é o seguinte:

Domingo 13 de maio
Primeira Fase
9:24: BESIKTAS - BENXAMÍN A
9:48: BENXAMÍN A - FSV STADELN
10:12: BENXAMÍN A - FC NÜRNBERG
11:12: SK LAUF - BENXAMÍN A

Todos os equipos pasan á seguinte fase. Os dous primeiros de grupo pelexarán polas posicións do 1 ao 16; o terceiro clasificado polos postos do 17 ao 24; o cuarto polas posicións do 25 ao 32; e o quinto de grupo polos postos 33 ao 40.

O Benxamín A acábase de proclamar campión da Segunda Fase da Primeira Comarcal e espera agora rivais na Fase Intermedia do Campionato Galego, aínda sen día e sede fixada.