RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Marcos Legaz, que podería debutar xa mañá sábado en Foz, reforza a dianteira do Fabril

  O Fabril incorpora ao seu persoal aos dianteiro Marcos Javier Legaz Paleo (San Martín, Buenos Aires, Arxentina, 29 de novembro de 1995). Firma por unha tempada, con opción a ampliación.

Procede da canteira do Real Madrid, onde chegou do Plus ultra CF na tempada 2012-13, en categoría xuvenil. A campaña pasada alternou o Real Madrid C co Real Madrid Castela da Segunda División B.
 
O Fabril 2015-16 iniciou a pretemporada o pasado 21 de xullo cos seguintes futbolistas: Pancho, Hugo Rama, Bamba, Miguel Muñoz, Sergio Pereira, Manu Nogueira, Nico, Lucas, Anxo, Álvaro López, Borja Domingo, Manú, Iago, Jorge, Santi Taboada, Angel e Edu; ademais dos xuvenís: Hugo Díaz, Quique Fornos e Blas. A maiores, están a facer a pretemporada co primeiro equipo: Óscar, Álex Corredera, David Gómez e Róber.
 
Marcos Legaz podería debutar no amigable de mañá sábado 8 de agosto en Foz ás 19.00 horas, ante o Racing Vilalbés.
 
O filial deportivista disputará o domingo en Abegondo (19.00 horas) o partido de cuartos de final de Cópaa Deputación ante o Somozas de Segunda División B.
 
O calendario de amigables xa confirmados, sempre a partir da traxectoria do equipo na vixésimo sétima edición de Cópaa Deputación, é o seguinte:
 
- Viveiro CF 1 - Fabril 2 (Hugo Rama e Manu Nogueira)
 
- Fabril 4 (Pancho, Nico e Borja Domingo (2)) - Pontypridd FC (Gales) 0
 
- Dezaseisavos de final de Cópaa Deputación: Eume 0 - Fabril 1 (Óscar)
 
- Oitavos de final de Cópaa Deputación: Laracha 0 - Fabril 3 (Iago e Borja (2))
 
- Sábado 8 de agosto, Racing Vilalbés - Fabril, en Foz ás 19.00 horas
 
- Sábado 15 de agosto: Silva SD - Fabril, ás 19.00 horas na Grela 1