RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Marrocos preconvoca a Fayçal para dúas eliminatorias clasificatorias para a Copa de África 2017

  A Selección Marroquí de Fútbol acaba de comunicar ao RC Deportivo a preconvocatoria de Fayçao Fajr para dous partidos clasificatorios para a Copa de África 2017. O venres 27 de maio Marrocos recibe ao Congo; e

Celso Borges, citado para unha concentración previa á Copa América Centenario 2016
 
Pola súa banda, Celso Borges foi convocado pola Selección de Costa Rica para unha concentración de preparación da Copa América Centenario 2016.
 
O futbolista branquiazul terá que incorporarse o mércores 18 de maio á devandita concentración. Durante esta etapa, que se prolongará ata o 30 de maio, está previsto un partido amigable, ante Venezuela en Costa Rica o venres 27 de maio.
 
A Copa América Centenario 2016 xogarase en Estados Unidos durante o mes de xuño.
 
O calendario de Costa Rica na Primeira Fase é o seguinte:
 
Sábado 4 de xuño
COSTA RICA - PARAGUAI, en Orlando
 
Martes 7 de xuño
ESTADOS UNIDOS - COSTA RICA, en Chicago
 
Sábado 11 de xuño
COLOMBIA - COSTA RICA, en Houston
 
Os dous primeiros clasificados accederán a cuartos de final, do 16 ao 18 de xuño. As semifinais xogaranse o 21 e 22. O 25 de xuño está previsto o partido polo terceiro e cuarto posto; mentres que a final celebrarase o 26 de xuño en Nova York.