Os torneos amigables en #ANOSACANTEIRA fixeron hoxe martes 4 de abril unha parada en Lugo co Fabril FC Alevín e en Baiona, co Alevín A.
Ambos os equipos lograron o título despois dunha gran xornada de competición.
Mañá mércores, Benxamín A e Fabril FC Benxamín arrancan a Ibercup en Cascais (Portugal).
Título fabrilista en Lugo tralo éxito onte do Benxamín A
O FC Alevín representou hoxe ao Club na III edición do Torneo Semana Santa - Trofeo Lugo Express no Municipal Rodríguez Lago 2.
Os fabrilistas, ante rivais con xogadores un ano maiores, fixéronse coa medalla de ouro. Ademais, Felipe Varela foi o mellor porteiro e Nacho Villanueva foi nomeado mellor xogador.
Os resultados do Fabril FC Alevín foron os seguintes:
Primeira Fase
FABRIL FC ALEVÍN 6 (Nacho Villanueva -2-, Seita -2-, David Gómez e Martín López) - ACD PIRINGALLA 0
FABRIL FC ALEVÍN 2 (David Gómez -2-) - UD SANTA MARIÑA 2
ATLÉTICO ABUÍN 0 - FABRIL FC ALEVÍN 4 (Nacho Villanueva, David Gómez, Seita e Martín López)
Cuartos de final
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Nacho Villanueva) - ATLÉTICO ARTEIXO 0
Semifinal
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Nacho Villanueva e Iván Gil) - CD CALASANZ A 1
Final
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Nacho Villanueva e Iván Gil) - PABELLÓN OURENSE CF A 0
O Benxamín A foi onte campión deste torneo e ademais, o deportivista Alejandro Astray foi galardoado como mellor xogador.
Os resultados do Benxamín A foron os seguintes:
Primeira Fase
BENXAMÍN A 5 (Miguel Candal -3-, Xiao Fontao e Hugo Bujía) - ACD PIRINGALLA 1
BENXAMÍN A 2 (Miguel Candal e Alejandro Astray) - CD CALASANZ 0
RACING VILLALBÉS 0 - BENXAMÍN A 6 (Hugo Quintela -2-, Pablo Sánchez, Miguel Candal, Mateo Carballeira e Leo Delle)
Cuartos de final
BENXAMÍN A 5 (Alejandro Astray -2-, Miguel Candal, Thiago López e Mateo Carballeira) - ED XUVENTUDE DE OROSO 1
Semifinais
BENXAMÍN A 6 (Xiao Fontao -2-, Alejandro Astray, Hugo Bujía, Leo Delle e Hugo Quintela) - CD LUGO 2
Final
BENXAMÍN A 4 (Thiago López, Miguel Candal, Hugo Bujía e Alejandro Astray) - RC CELTA 2
O Alevín A, campión do XI Torneo Erizana CF en Baiona
O Alevín A adxudicouse a XI edición do Torneo Erizana CF, competición que se desenvolveu en Baiona (Pontevedra).
Escola Fútbol DSF, Porriño Industrial FC e Bertamiráns FC foron os rivais branquiazuis na Primeira Fase, na que os partidos duraron 25 minutos.
Os resultados do Alevín A foron os seguintes:
Primeira Fase
ALEVÍN A 0 - BERTAMIRÁNS FC 0
PORRIÑO INDUSTRIAL FC 0 - ALEVÍN A 4 (Mateo Varela, Yael López, Antón Vilariño e Nico Torres)
ALEVÍN A 5 (Mario González-3-, Yael López e So) - ESCOLA FÚTBOL DSF 1
Oitavos de final
ALEVÍN A 2 (Leo Sánchez e Mario González) - ERIZANA CF 0
Cuartos de final
ALEVÍN A 6 (Yael López -2-, So, Daniel Alonso, Mario González e Manu Alcázar) - UD SANTA MARIÑA 0
Semifinal
ALEVÍN A 3 (Mario González e Iker Obeso -2-) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 3. A penaltis: 3-1
Final
ALEVÍN A 1 (Iker Obeso) - RC CELTA 0
Benxamín A e Fabril FC Benxamín inician mañá mércores a Ibercup de Cascais
Dous equipos de #ANOSACANTEIRA integran o cartel da Ibercup que se disputa desde mañá mércores en Cascais (Portugal).
O Benxamín A, campión o pasado luns do Torneo Semana Santa - Trofeo Lugo Express, mídese en primeiro lugar ao CF Os Belenenses A, SC Braga e Real SC, con este calendario:
Primeira Fase
Mércores 5 de abril
15:40: BENXAMÍN A - CF OS BELENENSES A (campo de Carcavelos)
Xoves 6 de abril
14:40: BENXAMÍN A - SC BRAGA (campo de Salesianos)
16:40: REAL SC - BENXAMÍN A (campo de Carcavelos)
Segundo clasificación, os equipos pasarán á Fase Final o venres 7 de abril a partir das 9:30 horas.
Pola súa banda, o Fabril FC Benxamín ten como primeiros rivais ao SL Benfica, Select USA e CF Os Belenenses.
O calendario fabrilista é o seguinte:
Primeira Fase
Mércores 5 de abril
16:40: FABRIL FC BENXAMÍN - SL BENFICA (campo de Carcavelos)
Xoves 6 de abril
9:30: FABRIL FC BENXAMÍN - SELECT USA (campo de Jamor)
11:30: CF OS BELENENSES - FABRIL FC BENXAMÍN (campo de Jamor)
Segundo clasificación, os equipos pasan a unha Fase Final que arranca o venres 7 de abril ás 8:30.
A Oviedo Cup conta con catro equipos de #ANOSACANTEIRA
Catro equipos de #ANOSACANTEIRA participan desde o xoves 6 na XV edición da Oviedo Cup: Xuvenil B, Infantil, San Tirso SD Infantil e Fabril FC Alevín.
O Xuvenil B, en categoría sub-19, ten como rivais iniciais ao Real Avilés CF, CD Grujoán, CE L'Hospitalet e LaLiga Academy, con este calendario:
Primeira Fase
Xoves 6 de abril
16:30: REAL AVILÉS CF - XUVENIL B (campo Díaz Vega)
18:45: XUVENIL B - LALIGA ACADEMY (campo Díaz Vega)
Venres 7 de abril
9:30: XUVENIL B - CD GRUJOÁN (campo HFE Tensi 2)
15:30: CE L'HOSPITALET - XUVENIL B (campo Güelito, Noreña)
Os dous primeiros xogarán a Fase Ouro, o terceiro clasificado a Fase Prata, o cuarto a Fase Bronce e o último de grupo disputará unha Fase de Consolación, todo iso a partir do sábado 8 ás 10:30.
O Infantil, na categoría sub-14, pelexará na Primeira Fase con CD Móstoles URJC, CF Amposta e Veriña CF, con este calendario inicial:
Primeira Fase
Xoves 6 de abril
17:30: INFANTIL - VERIÑA CF (campo Díaz Vega)
Venres 7 de abril
9:30: CF AMPOSTA - INFANTIL (campo HFE Tensi)
16:30: INFANTIL - CD MÓSTOLES URJC (campo de Güelito, Noreña)
Os dous primeiros equipos acceden á Fase de Ouro, o terceiro xogará a Fase de Prata e o cuarto clasificado xogará a Fase de Bronce, todo iso o sábado 8 de abril a partir das 9:00 horas.
O San Tirso SD Infantil, en categoría sub-13, mídese ao CD Parquesol, ADU Carrascal e CD Covadonga, con este calendario:
Primeira Fase
Xoves 6 de abril
15:30: SAN TIRSO SD INFANTIL - CD COVADONGA (campo Díaz Vega)
Venres 7 de abril
10:30: ADU CARRASCAL - SAN TIRSO SD INFANTIL (campo Díaz Vega)
15:30: SAN TIRSO SD INFANTIL - CD PARQUESOL (campo Díaz Vega)
Os dous primeiros equipos acceden á Fase de Ouro, o terceiro xogará a Fase de Prata e o cuarto clasificado xogará a Fase de Bronce, todo iso o sábado 8 de abril a partir das 9:00 horas.
Finalmente, o Fabril FC Alevín, en categoría sub-11, enfróntase en primeiro lugar ao Real Oviedo, Juventud Estadio, CI Amistad e SD Deusto B, con este calendario:
Primeira Fase
Xoves 6 de abril
18:30: CI AMISTAD - FABRIL FC ALEVÍN (campo de Los Castañales - JAA Rabanal 1)
Venres 7 de abril
11:45: FABRIL FC ALEVÍN - SD DEUSTO B (campo de Los Castañales - JAA Rabanal 1)
17:45: FABRIL FC ALEVÍN - JUVENTUD ESTADIO (campo del Cristo 2)
Sábado 8 de abril
9:30: REAL OVIEDO - FABRIL FC ALEVÍN (campo de Los Castañales - Luis Oliver 1)
Os dous primeiros de grupo accederán á Fase Ouro, o terceiro a Fase de Prata, o cuarto a Fase de Bronce e o quinto unha Fase de Consolación.
O Orzán SD Xuvenil Feminino, protagonista na I edición do Torneo Irene González Basanta
O Orzán SD Xuvenil Feminino comparte cartel co Real Madrid, SC Braga e Manchester City na I edición do Torneo Irene González Basanta, que terá lugar na Cidade Deportiva da Torre nesta semana Santa.
O formato de competición na Primeira Fase é de liga todos contra todos.
O calendario do Orzán SD Xuvenil Feminino é o seguinte:
Xoves 6 de abril
16:00: SC BRAGA - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO
18:00: MANCHESTER CITY - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO
19:00: REAL MADRID - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO
Segundo clasificación, os equipos quedarán emparellados nas semifinais, o venres 7 a partir das 10:00.
O Alevín A desprázase a Portugal para xogar a Porto International Youth Cup
O Alevín A, que se adxudicou hoxe martes o torneo da Erizana CF en Baiona, participa tamén nesta semana Santa en Portugal na II edición da Porto International Youth Cup.
Na Fase de Grupos, o conxunto que prepara Alberto Suárez quedou encadrado co Sporting CP, Vitória SC, Prestige Football Academy e Gondomar SC.
O calendario de partidos do Alevín A é o seguinte:
Primeira Fase
Xoves 6 de abril
11:00: ALEVÍN A - GONDOMAR SC (campo 1)
15:00: SPORTING CP - ALEVÍN A (campo 1)
17:00: VITÓRIA SC - ALEVÍN A (campo 1)
Venres 7 de abril
9:00: FC PORTO - ALEVÍN A (campo 1)
15:00: PRESTIGE FOOTBALL ACADEMY - ALEVÍN A
Os catro primeiros de grupo acceden a cuartos de final, que arrancarán o venres 7 ás 17:00 horas. Os outros dous equipos xogarán unha Fase de Consolación o mesmo venres a partir das 19:00 horas.
A Azpeitia Cup de fútbol 8, reto para o Orzán SD Infantil Feminino
O Orzán SD Infantil Feminino encara a súa participación na Azpeitia Cup desde o venres 7 de abril nos campos municipais de Azpeitia (Guipuzkoa), na modalidade de fútbol 8.
Na Primeira Fase, o conxunto orzanista quedou encadrado con estes rivais: Madrid CFF, CD Lagun Onak B, CF Torelló e Mulier FCN.
O calendario do Orzán SD Infantil Feminino é o seguinte:
Primeira Fase
Venres 7 de abril
18:00: ORZÁN SD INFANTIL FEMININO - MADRID CFF (campo 2)
Sábado 8 de abril
11:00: LAGUN ONAK B - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO (campo 1)
16:30: ORZÁN SD INFANTIL FEMININO - CF TORELLÓ
17:30: ORZÁN SD INFANTIL FEMININO - MULIER FCN
Segundo clasificación, os equipos pasarán á Fase Final, o domingo 9 a partir das 9:00 horas.
