RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Mellor iluminación para Riazor

O Real Club Deportivo da Coruña investirá 11 millóns de pesetas en repor a iluminación do Estadio Municipal de Riazor. Máis de 70 bloques de focos serán instalados no Estadio para aumentar a iluminación sobre todo nas zonas de Tribuna e Preferencia.

Esta medida irá en beneficio da mellor visibilidade non só dos afeccionados que se dean cita no Estadio, senón tamén dos que presencien os encontros por televisión. Este novo investimento do Deportivo vén paliar un problema do que xa se queixaron non só os espectadores senón tambien as cadeas de televisión e os reporteiros gráficos.