RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Miguel Anxo Lotina encaixa perfectamente no Deportivo do presente e do futuro

Hai apenas uns días finalizamos a competición e xa iniciamos unha nova tempada. Queremos darlle a benvida a Miguel Anxo Lotina, José Luís Ribeira e a Eduardo Domínguez. O tres incorpóranse ao Club coa ilusión de abrir as portas a un proxecto que oxalá sex

O feito de finalizar unha tempada non excesivamente brillante pero si o suficientemente importante como para manter sen problemas a posición en Primeira División e a circunstancia do debut de novos xogadores con enormes posibilidades de futuro situábanos na obrigación de elixir un cadro técnico, un equipo de persoas que encaixasen da forma en que pensamos o Deportivo do futuro. Tentamos ser un Club sinxelo pero coa ambición dos grandes de poder obter títulos, como así o fixemos en España e a piques de conseguir disputar a Copa de Europa. Pero sobre todo queremos un Deportivo de continuidade, de unión, de piña entre todos.

Neste momento queremos expresar o recordo máis cariñoso e a felicitación máis sincera para Joaquín Caparrós, Luci e Javi Reyes. Eles cumpriron unha etapa importante no Deportivo. E foron eles mesmos os que pensaron que esta etapa finalizara. Eses dous anos poden parecer pouco, pero ás veces esixen un traballo e unha tensión que é difícil de manter durante moitas tempadas.

A historia recente do Club dinos que tivemos etapas longas de adestradores, como Javier Irureta ou Arsenio Igrexas. Oxalá o podamos iniciar tamén unha etapa longa con Miguel Anxo Lotina. Esta foi sempre a nosa liña de traballo, coherente, sincera, sinxela, sen que supoña ésto renunciar a nada. Estes días celebramos ademais o ascenso do Deportivo B, co cal haberá unha liña de conexión directa entre a Primeira e a Segunda División B.

Levamos uns días falando con Miguel Anxo Lotina e habemos congeniado moi ben, vimos os puntos de entroncamento do que o Deportivo quería e necesitaba e do que el nos pode achegar. É un técnico do máximo nivel, campión da Copa do Rei, participante da Champions League e que sempre estivo no máis alto en todos os clubs nos que militou, entidades ademais cunha forma de ser, unha idiosincrasia similar á do Deportivo. Miguel Anxo Lotina encaixa perfectamente. Cremos, sinceramente, que acertamos con el.