RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Miguel Llorente cre que o partido de mañá é "a cara de can, a vida ou morte"

Miguel Llorente asegurou que o Deportivo ABANCA, após a dura derrota no desconto ante o FC Barcelona B, desde o luns "estamos arriba outra vez e con ganas, con confianza e tranquilas, sabendo que non pode durar moito máis isto, así que estamos fortes e con moitas ganas de xogar mañá", en Abegondo (12:00 horas) ante o Racing Féminas.

Do conxunto cántabro, lembra que "na ida expuxéronnos un partido complicado, que resolvemos moi ben. Tamén é verdade que, igual que falo da sorte para mal, falou tamén para ben: marcamos un gol, non lembro o minuto, pero salta María Ruiz, recupera a porteira, falla a porteira e marcamos. Iso decide un pouco o devir do partido".

Advirte que o Racing Féminas "vainos a vir buscar arriba. Aperta ben, a balón parado son fortes porque teñen bo pé".

Así pois, vaticina un partido "a cara de can, a vida ou morte. Dentro do do que é esa vida ou morte, non hai que esquecer que quedan 10, 11 xornadas. Queda moito. Todos son a vida ou morte, tendo en conta que o gañar é importante, pero sempre será máis importante o como porque vaiche a levar a gañar máis partidos, non só o de mañá, senón todos os que veñan a continuación".

Do Club subliña que "o único que me chegou é tranquilidade absoluta, apoio, boas palabras. A min o que se me transmitiu a principio de temporada é que se quería estabilidade, tranquilidade e que os resultados eran importantes, pero non era o máis importante. Así se viu".

Sobre o obxectivo de ascenso, Miguel Llorente está convencido que "nós tamén o imos a conseguir, pero non o dicimos desde a soberbia. Estamos seguros que o que facemos facémolo por algo. Iso lévache a unha convicción de ter un plan, de ter unha maneira de facer as cousas, de ter un método, de ter unha lóxica interna no xogo e unha lóxica interna no adestro que ti crees que o vas a conseguir".

Ve unha liga "absolutamente rifada" e advirte que xa para o próximo partido baleirarase a enfermaría do Dépor ABANCA: "De cara ás rivais e de cara ás nosas é un punto moi positivo". "Vainos a pegar un subidón importante para o que queda de temporada, que ao final é o máis importante", engade o adestrador branquiazul.