Onte á noite tivo lugar a inauguración da Pena Deportivista Amador, con sede na Cervecería A Ría de Fonteculler na Coruña. A pena, que toma o nome do mítico ex deportivista Amador, contou na súa presentación con representantes do Consello de Administració
Así, Paco Melo, Javier Irureta, Pachi Dopico, Arsenio, Capdevila, Molina e Luís Sánchez Doporto, entre outros, foron algúns dos que se achegaron a homenaxear ao ex porteiro branquiazul que xa quedará inmortalizado dando nome á Pena.
Así mesmo, a Pena Dragón Azul de Róterdan, cuxos membros se desprazaron á cidade herculina con motivo do Teresa Herrera, ofrecerá esta noite na Praia Club unha cea homenaxe ao Deportivo da Coruña na que farán entrega dunha placa conmemorativa do título de Liga ao Consello de Administración, ao técnico branquiazul e ao adestrador do Deportivo B, polo ascenso alcanzado.
Pola súa banda, a pena online do Deportivo, Ri@zor, celebrará unha "Xuntanza" con motivo do encontro do Teresa Herrera horas antes da partida fronte ao Estadio. Este encontro dos "ciber" seguidores branquiazuis vén sendo habitual nos últimos anos con motivo da celebración do torneo máis prestixioso do verán. Deste xeito os deportivistas, que xa se coñecen a través do correo electrónico e da súa páxina web aproveitan para cambiar impresións, animar ao Depor e algúns para coñecerse persoalmente.