RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Mosquera cre que o sábado en Barcelona ''hai que dar o cento por cento todos''

  Pedro Mosquera compareció hoxe martes na sala de prensa de Abegondo, ao finalizar o adestramento do primeiro equipo. Advirtió, en referencia aos dous últimos empates do Dépor en o Camp Nou, que "sempre se pode

Cre que o Dépor chega ao encontro deste sábado 15 de outubro ante o FC Barcelona (16.15, Bein Sports) "nunha boa liña. O parón axudounos a recuperar a algúns xogadores. Nese sentido púidonos vir ben".

Fai autocrítica e recoñece que "empecei ben marcando contra o Eibar e contra o Betis e contra o Athletic fixen moi bos partidos. Contra o Arabés e o Leganés non estiven ao meu mellor nivel. Son o primeiro que o sei cando xogo peor. Creo que o outro día contra o Sporting volvín facer un partido notable. Espero seguir nesa liña".
 
Con dous empates nas últimas dúas visitas do Dépor ao FC Barcelona, Mosquera opina que "facelo unha vez é complicado, facelo dúas é aínda máis. A terceira sería incrible. Nós imos con moitísima ilusión. Esta semana está a traballar a xente incrible.Imos ir alí a facer un partido moi serio e oxalá nos saian as cousas ben".
 
En canto ao Barça, di que "eles veñen de perder contra o Celta e necesitan os puntos para que non se lles afasten os de arriba. Estarán súper motivados. Teñen a baixa de Jordi Alba. Non se se recuperan a Messi. Xogue quen xogue van ter un equipo súper competitivo, moi bo".
 
Subliña por iso que "todo o que sexa puntuar fóra de casa é bo. E máis no Camp Nou. Para a moral viría moi ben. Cando sacas algo positivo do Camp Nou significa que fas cousas moi ben non só a nivel individual senón tamén a nivel colectivo". 
 
Respecto á formulación, o '5' branquiazul sostén que no Dépor ten que haber "moitas axudas cando non teñamos o balón. E cando o teñamos ser valentes, tentar xogar e facer o noso partido. Temos que dar o cento por cento todos".